Fotos de grupo: Os pateiros

DSC02983

O curso está chegando ao seu fin e fixémonos unhas bonitas fotos para recordarnos durante toda a vida.

Foi un ano sensacional, neste blog podemos ver moitas das actividades, pero as risas, as emocións e o entusiasmo virán connosco para sempre.

Seremos “Os Pateiros” para sempre nos nosos corazóns. Somos familia e querémonos como tal.

Graciñas a todos e todas as que fixestes posible un ano tan marabilloso.

Feliz verán, pateiros e pateiras!!!

Advertisements

A Romaxe Mariñeira

IMG_7183

San Roque encheuse de música, cores, bailes, risas de cativos e aplausos de maiores.

20170516_113223

A Romaxe deste ano tiña unha temática mariñeira, todos os nenos e nenas de Infantil e Primaria camiñamos xuntos ata o Parque Periurbano de San Roque, onde celebramos o Día das Letras Galegas dunha maneira tradicional e divertida: cantando e bailando para as nosas familias.

Acompañáronnos os personaxes do libro “A Galiña Azul” do noso querido Carlos Casares. Soaron as pandeiretas con fermosas cantigas, bailamos muiñeiras, recitamos a Rosalía, cantamos todos xuntos “Catro Vellos Mariñeiros”.

Ao rematar a celebración no anfiteatro, fomos xantar ao monte e, despois… A xogar!!!

Encántanos estar ao aire libre cos nosos compañeiros, mancharnos, correr, saltar…

É un día moi especial, somos felices na natureza!

O día da Ciencia

IMG_7081

O pasado venres 12 de maio celebramos o Día da Ciencia.

A todos nos encanta a ciencia, é algo que nos divirte e nos entusiasma… Pero non sabiamos que tanto!

Os rapaces e rapazas de 2º de ESO prepararon experimentos para nós.

Eran xeniais: experimentos sobre as forzas, os volumes, os pesos, os líquidos, as cores, flotabilidade, combustión…

Explicáronnos un por un cada experimento, que nós puidemos ver, tocar e sentir… Foi estupendo!!!

De excursión á Coruña

IMG_6870

O pasado 24 de abril fomos á cidade da Coruña. Visitamos a Casa das Ciencias, co Planetario, e o parque de Santa Margarita.

 

Fomos no autobús, case dúas horas e ao chegar xa subimos ata o último piso da Casa das Ciencias, onde se atopa o Planetario. Alí vimos unha preciosa película sobre un vampiro vexetariano moi riquiño, que nos amosaba os diferentes astros do espazo: estrelas, planetas, constelacións, meteoritos, a vía láctea, a Lúa… Foi xenial, escoitamos e miramos abraiados o noso ceo.

Despois visitamos as salas de exposicións: tres pisos con experimentos e aparellos  que podiamos tocar, manexar, discurrir e cos que xogar sen parar. péndulos, pompas, imáns, columpios, reloxos de area, xogos de luces, instrumentos musicais, máquinas que debuxan sen case axuda…

Vimos unha gran incubadora onde nacían pitiños… Non parabamos de dicir: Oooohhh que cuquis!!! Son tan pequerrechiños!!!

Despois desta delicia de lugar, fomos comer e xogar ao parque de Santa Margarita, que é enorme e ten moito sitio para realizar os nosos xogos.

Voltamos no bus, algúns de nós aproveitamos para durmir, outros para ver unha peli de debuxos e outros cantando cancións divertidas. Encantounos a excursión!

 

Viaxe ao pasado…

IMG_6634

Como cambiou o mundo! En 2º estudamos o pasado na clase de Sociais e descubrimos cousas que non sabiamos que existiran.

 

Todos os nenos e nenas da clase trouxemos  obxectos antigos que tiñamos en casa: unha leiteira, cámaras de fotos, un casco da 2ª guerra mundial, unha patela, cintas de cassette, un teléfono, fotos antigas, billetes e moedas de pesetas, un muíño de café, unha máquina de cortar o pelo manual…

 

Temos que agradecer ás nosas familias que coiden tan ben as cousas e nos deixen traelas ao cole. Houbo algún obxecto de máis de 100 anos!!!

 

IMG_6643

Foi un día sensacional de volta ao pasado, preparamos as nosas exposicións de marabilla e a nosa profe quedou encantada co resultado.

 

IMG_6646

Imos á Policía e á Biblioteca!

IMG_20170417_183343_524

Isto de estar en Primaria é un choio… Xa imos outra vez de excursión: esta vez visitamos a Policía Local de Ribeira e a Biblioteca Pública do noso Concello.

Saímos do cole camiñando e cantando, ao chegar á Policía, un home policía fíxonos unha visita guiada por todo o edificio: as motos e bicis, o ximnasio, a sala de xuntas, o despacho do xefe…

E fomos aos calabozos… Que medo pasamos!!!

Ao sair, tomamos o aperitivo e xogamos no parque e logo fomos á Biblioteca. É un sitio marabilloso cheo de libros, crebacabezas e xogos. Pasámolo en grande, pero… iso si… en silencio… shhhhh!

 Nas bibliotecas non se pode facer ruído porque hai xente estudando. Foi outra excursión xenial!

2 de abril: Día do Autismo

IMG_20170403_155448

As persoas con autismo (TEA) son persoas moi especiais, que entenden o mundo dunha maneira moi especial.

IMG_20170403_103727

E para saber máis sobre este tema, que tanto nos interesa, realizamos un novo proxecto en clase: aprendemos a confecionar un horario de aula con pictogramas, un método de comunicación propio das persoas con autismo ou das persoas con dificultades na linguaxe.

Tivemos que deseñar debuxos que representaran as diferentes materias e plasmalas nun horario de goma eva. Quedou precioso!

Para celebrar o propio día da concienciación do autismo, pintamos corazóns azuis nas nosas caras (coa axuda dunha pataca) e nas nosas libretas. Mesmo representamos un gran corazón no patio do cole.

IMG_20170403_094429

IMG_20170428_105743.jpg

Foi unha actividade emocionante e comprendemos un pouquiño máis a diversidade funcional.

IMG_20170403_160341